oaistore
Información e historia

Coñece a nosa historia

Coñece a nosa historia

A Biblioteca inicia a súa andaina coa creación do Museo do Pobo Galego no ano 1977. Ten como obxectivo, amais de apoiar os programas de investigación e actividades propias do Museo, ser un referente bibliográfico para a cultura galega principalmente no campo das humanidades.
Os fondos proceden na súa meirande parte das doazóns realizadas polos membros do Museo ou particulares e xunto ás achegas ou intercambio institucionais e, en menor medida, as adquisicións conforman o acerbo bibliográfico do Museo do Pobo Galego.
De uso público pero de titularidade privada foi declarada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese para Galicia no ano 2012.
O Arquivo, ao igual que a Biblioteca, comeza a súa andaina con pequenas aportacións. Será coa chegada da Biblioteca e Arquivo particular de Xaquín Lorenzo Fernández, en 1990, cando se constitúe un fondo arquivístico que se verá acrecentado coa chegada de novos arquivos privados. Hoxe, grazas as continúas doazóns temos un arquivo documental de ampla cronoloxía (s. XII-XX) e variada temática.

Bibliotecas privadas de:

  • Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas" (Ourense, 1907-Lobeira, 1989)
  • Xesús Taboada Chivite (Verín, 1907-1976)
  • Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago, 1999)
  • Antonio Rodríguez Fraiz(Cerdedo, 1912-Campañó, 1995)
  • Fermín Bouza Brey (Ponteareas, 1901-1973)
  • Manuel Beiras García (Santiago, 1904-1996)
  • Gustavo Santiago Valencia (Ourense, 1924-2008)
  • Familia Baltar (Padrón, ca.1790-Santiago, 2005)

Xunto ós fondos bibliográficos unha serie de coleccións de características singulares completan a Biblioteca:

  • Fondo histórico: Impresos e documentos anteriores a 1800.
  • Pergameos: Colección de documentos en pergameo, s. XII-XVI.
  • Cartografía: Mapas, cartas náuticas e planos, s. XVI-XX.
  • Hemeroteca: Prensa galega desde 1801 a 2000.
  • Carteis: Colección de carteis de propaganda política, culturais e turísticos.
  • Música: Colección de partituras impresas, s. XX.
  • Facticias: Follas voandeiras e impresos de temática diversa: programas de festa, folletos turísticos, coplas de Maios, letras das comparsas de Entroido entre outros.

Arquivos persoais e familiares

  • Beiras García, M. (documentos privados e de función)
  • Blanco-Cicerón, Ricardo (documentos privados e de función)
  • Fraguas Fraguas, A. (documentos privados e de función)
  • García-Orellán, R. (documentos de investigación, 1960-2013)
  • Lorenzo Fernández, X. (documentos privados e de función)
  • Pérez Rúa, M. (documentos políticos, 1970-1985)
  • Rodríguez Fraiz, A. (documentos privados e de función)
  • Sáez Ponte, E. (documentos políticos, 1970-2000)
  • Familia Fernández (doc. familiares e notariais,1650-1976)
  • Familia Miranda (documentos familiares e de función, 1628-1855)
  • Familia Felpeto (documentos notariais e privados, 1770-1950)
  • Familia Martul-Tobío (documentos privados, 1936-1950)
  • Familia García-Martí, (correspondencia, 1938-1940)

Arquivos de entidades/asociacións

Unidade Galega (1960-1990)
Club Nacionalista Alén Nós

Arquivos empresariais

La Artística-Alonarti-Vigo (libros de caixa, recibos e pedidos comerciais (1960-1990)
Fundicións Franco-Santiago (recibos e pedidos comerciais)

Servizos ofrecidos

Acceso libre e gratuíto.
Préstamo en sala (o domiciliario está restrinxido aos socios do Museo)
Atención de consultas presenciais, teléfono, correo postal e electrónico
Orientación bibliográfica e asesoramento sobre a utilización dos documentos.
Catálogo OPAC e na rede a través da páxina web do Museo.
Servizo de reprografía (Limitación de reprodución segundo a obra solicitada. Este servizo ten un custe para o usuario).
Visitas guiadas e outras actividades de difusión e pedagóxicas

HORARIO

HORARIO DE BIBLIOTECA

De martes a xoves: de 10.00-14.00 e de 16.00-19.00 horas
Luns e venres: previo aviso

HORARIO DE ARCHVO

Luns e venres: previo aviso

Correo electrónico: biblioteca@museodopobo.gal
Tfno.: 981-58-36-20
Responsable: Rosa Mª Méndez García